Na Semana da Ciencia

O noso asesor e colaborador científico Francisco Rodríguez do IEO de Vigo participou nos talleres de divulgación da Semana da Ciencia no Centro Comercial A Laxe o 25 e 26 de novembro. Aproveitou a ocasión para facer entrega dos trípticos do proxecto “Mareas Vermellas” e para informar os visitantes sobre as próximas datas de proxección do documental.