Organismos causantes

Os principais organismos causantes de mareas vermellas (coloración da auga) nas rías galegas son:

Especie: Mesodinium sp.

Cor: Avermellada

Non Tóxica

Responsable das mareas vermellas máis características en Galicia, a coloración da auga posúe un aspecto sanguinolento.

Especie: Noctiluca scintillans

Cor: Alaranxada

Non Tóxica (aínda que pode acumular toxinas a través das súas presas).

A miúdo son arrastradas cara á beira do mar, onde forman manchas con aspecto aceitoso a finais de verán. Non son tóxicas, aínda que poden producir certa sensación de queimura na pel.

Especie: Lingulodinium polyedrum

Cor: Avermellada

Levemente tóxica (Yesotoxinas)

Causante da primeira marea vermella descrita nas rías galegas por Odón de Bo en 1916, aínda que quen identificou correctamente o organismo responsable foi o naturalista Ramón Sobrino en 1918.

Especie: Gymnodinium catenatum

Cor: Marrón avermellada

Moi tóxica (PSP: toxinas paralizantes)

Responsable da proliferación tóxica de 1976 nas Rías Baixas que propiciou a posta en marcha dun programa de monitoreo de algas tóxicas en Galicia.

Especie: Alexandrium spp.

Cor: Marrón avermellada

Tóxica (PSP: toxinas paralizantes)

As súas proliferacións son máis abundantes nas Rías Altas (p.ex. Ares-Betanzos), onde se citou un caso de coloración no mar no ano 1984.

Especie: Kryptoperidinium foliaceum

Color: Marrón avermellada

Non tóxica

Frecuente en zonas estuáricas. Observáronse mareas vermellas desta especie na enseada da Ramallosa (Baiona) e no río Ulla.