Entre o 20 e 22 de xuño, celebrarase o IV Simposio Internacional de Ciencias Mariñas (ISMS) en Vigo (“Medio milleiro de científicos mariños de 14 países reúnense en Vigo”. Faro de Vigo, 16-VI -2018). Durante o ISMS 2018, terán lugar outros congresos relacionados coa investigación mariña: EOF, ISC, SIQUIMAR e REDIBAL.

Neste último, a Reunión Ibérica de Fitoplancto Tóxico, varios investigadores do IEO de Vigo participamos como comité organizador. Estes congresos non están abertos ao público e só as persoas rexistradas no ISMS poden acceder ao Centro de Conferencias de Mar de Vigo.

O día 22, para pechar a conferencia REDIBAL, proxectarase o documental “Mareas Vermellas”.